PARA ALMORZAR

KIWI GALEGO

kiwi a la mitad

Orixe do kiwi en Galicia

O kiwi chegou a Galicia en 1969 da man do empresario José Fernández López e do enxeñeiro Carlos del Río. A súa produción comercial comezou uns anos despois, no concello do Porriño.

O seu cultivo continuou a expandirse ao longo dos anos 80, pero seguiu sendo un produto escaso e caro nos supermercados, polo que foi abandonado na década dos 90, e substituído por viñedos de albariño.

Foi ao redor do ano 2005, cando comezou a recuperarse o cultivo de kiwi en Galicia con fins comerciais.

A día de hoxe, Galicia é a principal produtora de kiwi español, arredor do 40% da produción nacional.

Beneficios para a saúde

O kiwi contén unha gran cantidade de fibra, o que o converte nun alimento recomendado en caso de estreñimiento.

É rico en vitamina C, polo que o consumo dun kiwi de tamaño medio cobre o 85% da inxesta diaria recomendada deste nutriente.

É posible que os efectos beneficiosos para a saúde deste alimento estean relacionados coas súas propiedades antioxidantes.

Comer kiwi fortalece o sistema inmunitario, actúa como antioxidante, combate os niveis elevados de colesterol e mellora a calidade da pel.

Tamén contén actidina, que favorece a dixestión.

Kiwi gallego

Calendario galego do kiwi

Calendario kiwi

Queres facer un pedido?